Bos días amigas e amigos!
Hoxe véñovos falar da celebración do Día Internacional da Muller, conmemorado en todo o mundo o 8 de marzo.
En tódalas aulas estivémolo traballando durante toda a semana pasada, a través de actividades moi divertidas coa nosa profe de AL! Xogamos co escornabot, aprendo sobre a igualdade de xénero no fogar, tamén lemos o conto Rosa Caramelo, e fixemos diversas actividades para comprender que todo o mundo somos iguais aínda que teñamos xéneros e sexos diferentes!
Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades o ben que os pasamos aprendendo isto!
Vémonos moi pronto!
Comentarios
Publicar un comentario