Os nosos amiguiños e amiguiñas de Caldelas preparon unhas suculentas brochetas de froitas: piña, uvas e mandarinas. Polas fotos parece que estaban ricas, pero ademais pasaron un rato divertido aprendendo a partir de series. Deixamos unha mostra gráfica do proceso, do resultado e das súas caras ó probalo, porque foi o único que quedou.
Comer san e aprender, pode ser moi divertido!!!
E agora que temos que estar na casa... non vos parece un bo momento para implicar ós máis peques da casa nas LABORES DO FOGAR? máis concretamente, podemos facerlles partícipes das RECEITAS DIARIAS. Animarvos e facérnolas chegar para que as compartamos co resto de compis e seguir tendo unha comunicación "virtual".
Comentarios
Publicar un comentario