RADIO FINKY: DÍA MUNDIAL DA RADIO


Boas amigos e amigas!! 

Hoxe é un día especial que temos que resaltar xa que é o "Día mundial da Radio", o medio de comunicación que tanto nos gusta.

Dende este ano o centro está participando no programa"Radio na Biblio" e os nosos nenos e nenas estanse convertendo en grandes locutores de radio, como podedes escoitar AQUÍ. 

Hoxe coma sempre imos compartir con vos unha nova entrega do noso alumnado. Nesta ocasión, foron os nenos e nenas da aula de Guillarei que nos quixeron dar uns consellos para combatir a gripe.


Aproveitamos a ocasión para invitarvos a escoitar a Radio Municipal de Tui que nos encanta, e moi pronto lle faremos unha visita. Podedes escoitala pinchando na imaxe de abaixo.


O final de curso os nosos nenos e nenas serán uns auténticos profesionais. 

Un saúdo.


Comentarios