MALETA VIAXEIRA


Boas amigos e amigas!

Teño unha noticia que contarvos, este mes de Xaneiro volvemos a ter unha maleta viaxeira polas aulas do noso CRA, algo que nos encanta, xa que podemos desfrutar dun montón de libros novos.

Esta maleta trata de "Ciencia" polo que tiña contos moi diversos sobre: experimentos, cociña, mulleres e homes investigadores, natureza,... unha infinidade de temas moi apaixonantes.

Déixovos unhas fotos para que vexades os libros.

Un saúdo.



Comentarios