Boas nenas e nenos!
Onte, celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e no CRA quixemos celebralo dunha maneira diferente.
Como este ano o noso lema de biblioteca é viveiro de cidadanía, este último mes, estivemos traballando a educación en valores e principalmente as emocións, sobre todo as referentes ao amor.
Por iso, entre todas as nenas e os nenos do CRA, fixemos unha pomba da Paz, onde aparecen fotos de cada unha e un e os nomes, para lembrar sempre que vivimos en comunidade e que debemos participar de maneira activa nela para mantela en Paz.
Aquí vos deixo unhas fotos do proceso de creación da nosa pomba, que como ben sabedes, empezou na nosa escola de Pexegueiro! Espero que vos guste!
Comentarios
Publicar un comentario