Xa estou de novo con vós no 2020!
Hoxe
traio unha proposta para que sexades creativos e tomedes iniciativas.
Coas pezas deberedes crear .... o que queirades pero debedes explicar
oralmemente o producto realizado: unha ponte, un castelo, unha
carretera,...e deberedes describir como é, de que cores é, como é o seu
tamaño, etc.
Agora a crear e disfrutar!E se queredes xogar cun xoguete igualitario, coeducativo aí van varias propostas:
Agora toca facer experimentos! Se científicas e científicos queredes ser aí vai a miña proposta:
LÁPICES MÁXICOS
Recursos necesarios:
-bolsa para conxelados con autopeche (zip)
-auga
-pinturas de cores ben afiladas
Realización:
Enchemos a bolsa de auga. Pechamos. Agora toca atravesar a bolsa coas pinturas ben afiladas. As pinturas teñen que quedar con parte fóra.
Que pasará se sacamos as pinturas?
Ollo! tedes que estar con roupa axeitada e nun lugar onde poida derramerse auga no chan.
Comentarios
Publicar un comentario