FESTIVAL DE NADAL 2019


Bos días e Felices Festas amiguiñas e amiguiños!

Espero que o estedes pasando xenial cos vosos seres queridos e que Papa Noel e os Reis Magos se portasen ben convosco!

Hoxe, dende o CRA, traémosvos tamén outro agasallo: un vídeo coas fotos do Festival de Nadal que celebramos o 20 de decembro na Casa Cultural de Pexegueiro!

Nesta celebración, pasámolo moi ben coa contacontos Lidia Pena, coñecendo a Papa Noel, comendo rosca e churros, bebendo chocolate e cantando e bailando!

Espero que vos guste!

Bo Nadal e Feliz aninovo 2020! Que todos os vosos desexos se cumpran!



Comentarios