CD "Cuentos con moito conto"


Ola amigas e amigos! 

Teño unha moi boa nova que contarvos, dende o CRA estivemos traballando nun proxecto no cal estamos moi ilusionados e xa está listo para ensinar. 

O noso proxecto é un CD onde diferentes actores e actrices galegos narran historias da editorial OQO, todas recollidas para unha boa causa, xa que o total do diñeiro conseguido será destinado a favor dos Orfos da explosión de Paramos. 

Dende o noso centro queremos seguir traballando e axudando para tal fin. 
 
O CD ten un custo de 10 Euros, e estará a venta nas librerías e nalgunhas cafeterías de Tui, e, por suposto, no noso centro. 

Busca o cartel e non dubidedes en mercalo!!
 



Comentarios