O venres 25 de outubro docentes do CRA MESTRA CLARA TORRES participaron en Santiago de Compostela, no edificio da EGAP nunha xornada formativa para os centros integrados nos programas BIBLIOTECA CREATIVA, RADIO NA BIBLIO. Coñecemos experiencias educativas marabillosas e preñadas de emoción, saber facer, reflexión, compromiso,...A xornada pechouse coa participación de
Arantxa Mariscal, directora da biblioteca de creación UBIK, de Donostia, para falar da incorporación do comunitario á biblioteca.
Tamén tivemos ocasión de contar coa participación da Conselleira de Educación e do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos
Ao mesmo tempo, púdose visibilizar como os contidos ODS serán contidos referenciais nas Bibliotecas nos vindeiros anos (o centro participa con ATLÁNTIDA dende hai 1 curso), obxectivos 2030 para un desenvolvemento sustentable.
Tamén é importante as reflexións que Cristina Novoa (Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia) fixo durante esta xornada. Fixo fincapé na necesidade de concebir a Biblioteca Escolar coma un espazo de creación, de indagación, de experimentación, de encontro. Un espazo para a inclusión, para a convivencia, para a resolución de situacións problema, para desenvolver aprendizaxes baseados no pensamento, etc.
A integración CURRICULAR partindo da Biblioteca coa ssúas múltiples opcións levará consigo a implementación de metodoloxías STEAM, STEM, Gamificación, debates, TEI, entre outras cuestións metodolóxicas.
Se queredes saber máis sobre o que debe ser e é unha BIBLIOTECA ESCOLAR podedes ler o capítulo da revista EDUGA titulado LUGARES PARA A EXPLORACIÓN E A EXPERIMENTACIÓN (Cristina Novoa, Asesoría de Bibliotecas Escolares, Dirección Xeral de Centros e RRHH)
O programa foi amplo e variado e con múltiples posibilidades para implementar no centro.
Comentarios
Publicar un comentario