O pasado mércores 15, antes do Día das Letras Galegas, o alumnado do CRA levou a cabo unha saída para coñecer un pouco máis a nosa contorna.
Dentro do proxecto "Recantos con encanto", programouse unha saída para coñecer un pouco a cidade, para VIVIR e SENTIR TUI pero a isto, xuntámoslle que somos a primeira parada nacional do "Camiño Portugués" a Santiago.
Tendo isto en mente, elaborouse un "Roteiro Poético" a través dunha búsqueda do tesouro, que nos levou a coñecer diversos monumentos mentras "Facíamos o Camiño ao Andar".
Esta actividade estaba concebida por misións que o alumnado debía realizar. Nalgunha misión debían realizar probas.
Cal é o motivo de ter que realizar misións? unha pregrina poeta quedou tan abraiada e emocionada con Tui que perdeu versos por diferentes recantos da contorna. O noso alumnado tiña que atopalos e asemade descubrir que levan as persoas peregrinas nas mochilas, que beberaxes máxicos hai para ter forzas para o camiño, etc.
Ao chegar a cada lugar atopaban caixas con códigos QR que tiñan información básica do lugar onde estaban.
Parque do Penedo
Palco da Música
Escultura dos Cabalos de Oliveira
Conxunto Escultórico homenaxe á familia
Cruceiro de San Bartolomé
Ponte das febres
1ª Misión: descubrir os ingredientes da beberaxe que nos daría forzas para iniciar este camiño (estaban agochados en códigos secretos) e beber da beberaxe: Emoción, aventura, imaxinación, cóxegas, sorrisos e fantasía.
2ª Misión: Localizar os 9 lugares máxicos de Tui polos que pasou a peregrina e polos que nós tamén iamos pasar. As fotografías destes lugares andaban espalladas polo parque do Penedo agochadas nos bancos, nos tobogáns,...
3ª Misión: Atopar versos agochados de 4 poemas en caixas en diferentes lugares. Para acceder ás caixas debían resolver probas: bailar, carreira de relevos, realizar composición crebacabezas, atopar obxectos e documentos perdidos da mochila da peregrina,...Tódolos versos atopados durante o camiño deberían ser colocados nun taboleiro xigante que estaba na Ponte da Veiga. Neses taboleiros había códigos QR coa declamación dos poemas realizados pola presentadora da Radio Municipal de Tui, Beti Rey: POESÍAS DECLAMADAS
Misión 4: Selar a Credencial do camiño
Ao rematar este camiño máxico por Tui tiñan como premio unha COMPOSTELA.
A continuación, presentámosvos un vídeo coas fotos da xornada, esperando que vos guste.
Comentarios
Publicar un comentario