Hoxe compartimos con vos as imaxes da saída que fixemos o pasado mércores.
Fomos invitados pola Comandancia Naval do Miño a visitar as súas instalacións e posteriormente navegar polo Miño a bordo do seu patrulleiro "CABO FRADERA", para conmemorar a semana das "Forzas Armadas".
A experiencia foi incríble, e tanto o alumnado como as familias mais as mestras, desfrutaron moito.
Ao final do paseo no patrulleiro, tivemos o noso "Bautismo fluvial" e cada un de nós recibiu o certificado do mesmo.
Aquí vos deixamos as imaxes do día.
Comentarios
Publicar un comentario