PROXECTO "RECANTOS CON ENCANTO"
O curso pasado mentras aprendíamos a usar o escornabot, surxiu a idea de levar a cabo un proxecto mais grande.
O proxecto consistía en usar o robot para coñecer o Concello de Tui. Pero este é moi grande, así que empezamos a partir do noso entorno.
"A NOSA AULA"
Cada aula tiña o seu taboleiro onde as letras estaban espalladas pero formaban o nome da parroquia da aula, sen o alumnado saber. Por iso nun inicio levaron a cabo diferentes xogos co taboleiro como por exemplo levar o robot ata a letra pola que comenzaba unha palabra.
Tamén tiñan un mini caderno de rexistro, onde a primeira actividade era seguir as ordes que nos indicaba para descubrir a letra pola que comenzaba e remataba o nome da aula. A continuación podedes ver as actividades que se crearon para usar o robot.
Comentarios
Publicar un comentario