VISITA Ó TEATRO DE TUI



Os nosos nenos e nenas acudiron no día de onte, 13 de Febreiro, ó Teatro Municipal de Tui para disfrutar do espectáculo "A Ovella Engracia", un espéctaculo inédito creado por María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz para o Salón do Libro Infantil.
A Ovella Engracia estaba cansada de levar unha vida tan aburrida polo que decidiu emprender unha viaxe guiada pola lúa e polo camiño fixo moitos amigos: o oso Bernardino, a serpe Susana ata conseguiu facerse amiga do lobo.
E sabedes que nos ensinou? Animounos a loitar polos nosos soños porque como dicía a ovella Engracia: "A xente conta ovellas para durmir. Engracia conta historias que din que todo, todo é posible. Que sempre hai que intentalo, que a forza está en ti". Así que esperamos que vos gustara moito a obra e non esquezades o que nos cantaba a ovella Engracia.

Esta historia remata cun final feliz, sobretodo para o mundo das ovellas, di Engracia; inda que a fortuna neste caso penso que é máis para os humanos.  Xa que dende que Encarna foi de viaxe a contar historias, parece ser que os humanos xa non contan tantas ovellas e empezaron a contar máis historias ás horas de durmir. Deste xeito as pobres ovellas xa non teñen que saltar tantos valados.
Así que non o esquezades!!! Contade contos para durmir!!
Pasámolo xenial!! Deixamosvos unhas fotos de este día.


Comentarios