LEMOS EN FEBREIRO?



Ola amiguiñas e amiguiños de Educación Infantil!
Lánzovos unhas propostas de lectura! Son lecturas que me gustaron moito e coas que me divertín, soñei, vivín aventuras,...
Estes libros están na miña biblioteca. Non tedes máis que ir buscalos!

Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala. Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión polos hábitos urbanos máis tópicos, actuais e recoñecibles para a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida...


 Titiritesa vive no reino de Trasantonte. A súa nai, Mandolina, soña con ver a filla ben casada e tenta educala como unha cortesá refinada. Pero a filla non comparte as aspiracións da súa nai, a raíña, e rexeita esa vida convencional que lle queren impoñer. Ante a inminente chegada dunha institutriz, Titiritesa decide fuxir do palacio para vivir fantásticas e divertidas aventuras: como coñecer outra princesa de labios doces.…Nesta historia festéxase o amor sen prexuízos, namentres que coa sensibilidade necesaria se lle expón o tema aos lectores infantís e se contribúe á súa educación afectiva.


 Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseverancia e optimismo veranse por fin recompensados ao chegar á casa do enterrador, na aldea do lado.

Comentarios