Novidades


A biblioteca xa está reorganizada!!!



Esta flor, que está na entrada da biblioteca, é a CDU. A CDU nos serve para clasificar os libros por temáticas:

0. Marrón: Diccionarios e Enciclopedias.
1. Gris: Pensar e Coñecerse.
2. Vermello: Valores.
3. Laranxa: Vivir Xuntos.
4. Negro: Tui.
5. Verde: A Natureza (Ciencias da Natureza).
6. Azul: Curar, Fabricar (Ciencias Aplicadas).
7. Rosa: Crear, Divertirse.
8. Amarelo: Ler, Falar (Contos, Novelas...)
9. Branco: Os Países e o Pasado.




Agora cada conto levará no lombo: unha pegatina dunha cor determinada (segundo a CDU), unha pegatina co número de rexistro e unha pegatina co tejuelo. Por outra banda, na portada, na parte superior dereita levarán unha pegatina segundo a temática (tedes un listado de temáticas na entrada da biblioteca). Esta pegatina tamén estará no andel correspondente para que todos saibamos onde se coloca o conto.

Recuncho de Robótica!!!Próximamente poderedes xogar co Escornabot!!!

Temos Recuncho de Películas e de Xogos!!!
Os contos de Primaria teñen unha Estrela
Temos Sección de Adultos!!!



Buzón de Suxerencias e un Hospital onde teredes que depositar os contos en mal estado para podelos arraxar!!!


E para terminar, unha Sección de Novidades onde se colocarán os contos de nova adquisición, que iremos publicando segundo nos vaian chegando. Aquí temos os primeiros!!!


A que estás esperando para visitar a nosa Biblioteca? Agardámosvos!!!

Comentarios