Día das Bibliotecas Escolares



Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares!!!
O lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos é 
"Aprender a Pensar coa Biblioteca Escolar". O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a interpretación gráfica do lema anual.


Para celebralo que mellor forma que recomendando o fantástico libro "Os Días Lebre" de Clara López


Día lebre

Día
que chega
e sobe á miña cama
e me baixa,
calza as miñas zapatillas,
e lévame durmido á cociña
e almorza,
dúchame
e pon a roupa do colexio.

Que me leva á parada,
e me sobe no autobús,
e entra na clase,
e me senta
cos deberes sen facer.

Que me saca ao recreo
e mete dous goles,
e axiña come o meu bocadillo
e dúas ameixas,
e verte algo de zume nas miñas zapatillas.

Faise serea...e adentro.
Sumo, resto e multiplico.
Lévame outra vez ao bus e
ola!
Meréndame,
e facemos os deberes.

Unha hora máis de clase de tuba,
na casa,
para que non perda tempo,
agora toca o baño,
e cear,
e para cama.

E penso que oxalá
mañá veña
día tartaruga.

Clara López

Para celebralo tamén déixovos esta fantástica curtametraxe 
"The fantastic Flying books" que espero sexa de voso agrado.

                                 

Ademais este xoves inauguramos a nosa Biblioteca co primeiro obradoiro do curso 
"A Maxia dos contos", estades tod@s convidados!!!

Comentarios