Hoxe remata unha andaina pola biblioteca do CRA Mestra Clara Torres fantásticas.
Esta nova biblioteca é un espazo para rir, para sentir, para ler, para falar e conversar, para pensar, para compartir historias, para soñar,...
Un grupo de mamás da aula de Areas narraron e representaron a seguinte historia:
Unha xornada divertida para toda a comunidade educativa presente e tamén ex-alumnas e alumnos, avoas, avós,...
Este grupo de mamás Contacontos están Convidadas para a festa de Fin de Curso.
Amáis houbo tempo para realizar crebacabezas.
Pero esta sesión non significa o final da apertura da biblioteca.
No verán as familais faranse cargo da súa xestión.
Un verán mooooiiiiii lector!
Familias grazas pola vosa implicación e compromiso. A biblioteca do CRA Mestra Clara Torres está moi viva.
Grazas profesoras e profesores do centro polo voso traballo para dinamizar esta biblioteca.
Comentarios
Publicar un comentario