As cafeterías de Tui tamén son TERRITORIO DA ARTE e ESPAZO LECTOR e a nosa BIBLIOTECA COMPARTE LIBROS.
Como cada ano facemos un lote de libros para que estean en zona de ocio e que os nenos e as nenas poidan estar tamén nunha cafetería lendo.
No mes de maio levamos á CAFETERÍA GRANN MANZANA un novo lote:
NA CAFETERÍA APARECE A SEGUINTE CARTA:
Estimada lectora,
Estimado lector,
Tedes
ante vós unha escolma de literatura para que vos deixedes engaiolar
polas historias que aparecen nas páxinas e SEMPRE acompañadas dun bó
café, infusión ou refresco.
Desexamos que esta cafetería se converta NUN ESPAZO LECTOR de referencia.
Moitas
veces temos gañas de ler e os xornais están ocupados, estamos na casa
en soedade e que mellor que un café compartido coa lectura.
E que facer se quero continuar coa lectura na casa? Pois adiante, apúntate e cando remate o devolves ao seu sitio.
Todos temos que ser responsables!
Se te quedas con el outra persoa perderá a oportunidade de disfrutar coa historia!
Son libros para compartir
Comentarios
Publicar un comentario