Re-Creando a Arcimboldo 1ª Parte (Ribadelouro)

(fonte imaxes cadros: From Wikimedia Commons) 



As secuencias didácticas que presentamos nesta entrada forman parte dunha Tarefa Integrada.
A súa concreción curricular parte das tres áreas do Currículo (D. 330/2009) e está inserta nos bloques: Actividade  cotiá, linguaxe verbal: escoitar, falar e conversar, linguaxe verbal: iniciación á lectoescritura, linguaxe plástica, Linguaxe audiovisual e Tic, coñecemento do contorno, ...
Tiña como finalidade última o desenvolvemento de aprendizaxes competenciais que son dinámicos, globalizados e teñen un carcácter integral. Ao mesmo tempo, desenvolveron diferentes Competencias Clave como : CCL, CMCT, CCEC, CAA, CSIEE pois o alumnado tivo que falar, conversar, crear un texto enumerativo, tomar decisións, crear, analizar, planificar,...
Tamén desenvolveron modelos de pensamento como o analítico, analóxico, creativo, sistémico, ou deliberativo.
As dimensións dos dominios cognitivos de Bloom (revisados por Anderson et al 2001) foron os de coñecemento, aplicación, síntese, avaliación.

Algúns dos obxectivos didácticos ou obxectivos de aprendizaxe foron:
-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas coa alimentación.
-Descubrir distintos tipos de alimentos.
-Categorizar alimentos.
-Planificar a realización dunha manifestación artística con elementos da natureza.
-Recoñecer establecementos comerciais e sección dos mesmos.
-Crear-recrear unha manifestación artística.
-Identificar elementos atísticos.
-Empregar a linguaxe plástica como recurso de expresión e comunicación.
-Aplicar a escritura para crear un texto enumerativo.
-Identificar algunha das propiedades dun texto enumerativo.
-Coñecer as Tic para buscar información,...

TRANSPOSICIÓN DIDÁCTICA

TAREFA: Deseño e creación dunha manifestación LAND ART para mostrar ás familias.
Actividades Iniciais: Análise e valoración dos cadros de Arcimboldo, Debate e toma de decisións sobre os elementos necesarios para a recreación do cadro de Arcimboldo, Rexistro de elementos necesarios a través dun texto enumerativo, escoita activa do exposto.


 
Actividades de desenvolvemento: recompilación e presentación dos elementos a través da mensaxe oral ás familias, presentación oral a cada compañeiro-compañeira dos elementos elexidos (limón, flores lilas, calas, gladiolos, rosas, tomates, peras, mazás,...) realizando unha descrición (texto descritivo) así como o lugar do supermercado onde poderiamos atopalos (froitería, floristería, etc). Tamén aproveitouse para decisións en grupo e exposto por cada portavoz do inicio da composición argumentando que nos servía para facer o pelo, as meixelas, os ollos, o nariz, as orellas. Así decidiron que as margaridas serían o pelo, a pera sería o nariz, a mazá cortada á mitade formaría as orellas, os ollos serían os tomates, as cellas realizaríanse con flores sempre vivas,  a boca estaría creada a partir de 5 fresas,... para rematar teriamos que cubrir o peito e ombreiros con telas, e facer un marco cos pétalos das rosas. E como en toda obra onde se empreguen elementos da natureza non poderían faltar as bolboretas que, según eles e elas, debería estar situadas nas flores e na pera do nariz.






O derradeiro exercicio da actividade de desenvolvemento consistiu en narrar e  describir os pasos realizados e lembrando o nome dos nenos e nenas que trouxeron cada elemento (memoria, síntese, atención, percepción visual e auditiva).

 Actividades finais: Deseño e creación dunha historia de narrativa dixital (2ª parte)
Como se pode comprobar  esta tarefa empregou de maneira integrada diferentes áreas, procesos cognitivos, modelos de pensamento e diferentes competencias clave. Ademáis o contexto integrouse nas aprendizaxes; creación dun titorial para que outros nenos e nenas do centro saiban realizalo o que favorecerá a expresión e comprensión oral, o emprego das Tic; creación dunha historia de narrativa dixital a través da aplicación  Story Jumper.

Comentarios