Inauguración da Biblioteca

Onte, día 5 de abril, inauguramos a nova Biblioteca do CRA Mestra Clara Torres na Sede Administrativa.
Este espazo será un lugar de encontro, será un lugar para conversar, para pescudar, para compartir lecturas, risas, experiencias, hábitos saudables,...
O inicio foi fantástico: O ESPECTÁCULO BRINCA VAI de PACO NOGUEIRAS.
 Nesta sesións de CONTACONTOS CON MOITO CONTO participaron alumnos e alumnas, ex-alumnas-os, avoas, mamás e papás e incluso ex-avoas, veciños e veciñas,...
Todas e todos co corazón e os sentidos ben abertos, expectantes.
A literatura é arte e por iso a nosa biblioteca é o territorio das artes.
A nosa mascota estivo sempre ao noso carón.





Ao remate da sesión houbo tempo para ler, para "mirar" libros e inauguramos o pasaporte de libros cos puntos Finky.


A fin de curso teremos en conta os máis lectores-as e os usuarios-as máis asiduos. 
Temos ata separadores de libros para que cada nena-neno saiba onde ten que colocalos de novo.


Temos puntos FINKY


Ao seren usuarios da biblioteca aprenderán a escoitar, a respectar e coidar a biblioteca, a ter unha actitude activa ante a lectura. Amáis valoraran a biblioteca como fonte de información e como fonte de pracer e como un espazo no que se divirte.

Comentarios