Finky andivo buscando arte por aquí e por acolá.
E atopou cadros dun pintor tudense relacionados con profesións musicais. O pintor chamábase LIS.
(Imaxes cedidas pola súa viuva)
Que podemos facer coas imaxes destas pinturas?
-Comparar cores.
-Imprimir e recortar.
-Enumerar instrumentos musicais.
-Identificar os tipos de instrumentos.
-Crear unha historia dixital con cada cadro ou ben mesturando todos.
-Categorizar se son homes ou mulleres.
-Recrear os cadros integrando novos elementos.
-Elexir 2 cadros e realizar un mapa mental ou burbullas de coñecementos atopando diferenzas e similitudes.
-Buscar información do pintor chamando por tfno. ou enviando un sms ou unha mensaxe a través do correo electrónico.
-Inventar ou resolver códigos para o escornabot.
-Crear unha nube de palabras coas características dos cadros.
-Por títulos novos a cada cadro,...
Comentarios
Publicar un comentario