Teatrando


Finky anuncia unha obra de teatro infantil no Teatro Municipal de Tui



Esta fin de semana volve a representación escénica ao Teatro Municipal de Tui. Será o venres, 3 de marzo, ás 20:00 horas, co espectáculo “Feo!” de Caramuxo Teatro.
Dirixida por Laura Sarasola, “Feo!” é unha adaptación do  tradicional conto “Parrulo Feo” escrito orixinalmente por Hans Cristhian Andersen. Agora, esta konova versión ten lugar nunha fábrica moderna onde nunha monótona e predicible cadea de montaxe fabrícanse pequenos parrulos de goma, todos iguais, todos amarelos, e todos do mesmo tamaño, até que nun momento, a habitual ton monocromática rómpese na cinta transportadora para dar paso un patiño diferente, é azul.
Trátase dunha obra, en formato de comedia para toda a familia, que celebra a diversidade fronte aos patróns establecidos e en contra da discriminación.  Foi galardoada co premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2016.
As entradas están á venda en culturatui.info até o venres ás 12 horas ou ese mesmo día dende as 18:30 no despacho de billetes. O prezo é de 3,5 e 2,5€.

Feo!, de Caramuxo Teatro

Comentarios