- Ofrecer un modelo. Os nenos imitan os seus pais. Que os nenos te vexan cun libro na man, se ven que os seus pais len servirá para velo como algo normal que hai que facer a miúdo, sentirán interese e tratarán os libros con respecto.
- A lectura debe ser algo divertido non unha obriga.
- A partir dos tres anos é recomendable ir léndolles libros infantís, pero buscando aqueles que lles gusten.
- Visitar unha biblioteca en familia é un bo xeito de que coñeza a lectura.
- Utilizar un libro como premio cando realice algunha acción ben feita.
- É importante que o neno participe na lectura, que sinale os personaxes, conte cal é o seu personaxe polo do teu fillo. Iso farao sentirse partícipe.
- Lede historias que conteñan repeticións e invita o neno a recitalas contigo. Desliza o teu dedo baixo as palabras mentres les. Isto axudará ao neno a relacionar a palabra escoitada coa palabra escrita. Comenta a historia co teu fillo e ponlle preguntas sobre os personaxes.
- Os nenos aprecian a rutina. A lectura pode ser un pracer que o neno e o pai esperen con alegría cada día. Para iso, reserva tempo para ler co teu neno. Móstralle que a lectura é unha actividade importante e divertida.
|
- Comeza a lerlle ao neno dende moi pequeniño. Como xa dixemos, garda un momento do día para a lectura co teu fillo. Escolle un pequeño recuncho de lectura confortable para estar máis preto del.
- Durante o período en que o neno aprende a ler, é moi importante para o neno que o escoites ler en voz alta. Ler en voz alta permítelle exercitarse, mellorar e adquirir maior seguridade. Cando o escoitas ler, non esquezas que as túas reaccións son dunha vital importancia. Sobre todo, non o interrompas e se entusiasta.
- Xogos para apreciar os libros: os xogos poden axudar e espertar o interese polos libros e a lectura, como xogar a identificar partes dun libros (portada, contraportada, índice ou prólogo) ou fabricar un divertido marcapáxinas para sinalar as lecturas.
- Se ao neno o que lle gusta de verdade é ver a tele, pódense buscar lecturas relacionadas coas películas ou debuxos favoritos o que fará que polo menos se mostre interesado.
|