Pautas para Contar Contos:
- Coñecer o conto antes de contalo. Os nenos escoitan máis
atentamente un conto contado que un conto lido.
- Transmitir interese e entusiasmo do conto aos nenos.
- Tranquilidade no ton de voz e o ritmo.
- Non interromper o desenvolvemento de conto.
- Falar pausadamente sen atropelos coas palabras, coidando
o ton e a xesticulación.
- Crear un
clima relaxado que predispoña positivimante aos
nenos.
- Coidar o momento da presentación do conto, isto axuda a captar a atención
dos que van a escoitalo. Pódese presentar mediante un ritmo que podemos ir
variando para manter a tensión emocional e darlle un compoñente de misterio,
maxia e humor.
- Non prolongar excesivamente o tempo dedicado á narración
aínda que os nenos o demanden. Nestas idades o tempo de atención é curto e
contar máis dun conto significa provocar cansazo.
-
Deixar o conto aos nenos unha vez que
finalice, para que os nenos o poidan ver libremente.