Roboticreando na Biblioteca coas Familias

O xoves día 4 de maio, na BIBLIOTECA do centro, tivo lugar un OBRADOIRO DE ROBÓTICA E PSICOMOTRICIDADE COA PROFESORA CRISTINA UBIÑA..
Nel participaron alumnos-alumnas, avoas, irmáns.
A maridaxe entre  a psicomotricidade (esquema corporal, posturas, conciencia e consciencia corporal, percepción visoespacial, segmentos corporais,...) e robótica resultou perfecta.
Algunha das secuencias foron:
-Carlle a unha ruleta e executar-representar a postura corporal.
-Identificación e localización no taboleiro introducindo un código ao escornabot da postura corporal representada.
-Representar posturas de ioga relacionándoas con animais.
-Localizar nun taboleiro a postura de ioga co nome do animal.
-Lanzar un dado con partes do corpo e localizar esa parte no taboleiro empregando códigos que tiña que executar o Escornabot. Logo da localización íase completando o puzzle...




Comentarios