Coa presenza de almnado e familias desenvólvense obradoiros de ROBÓTICA na Biblioteca.
As actividades deseñadas para o emprego do ESCORNABOT promoven:
-APRENDER -CREAR -COMPARTIR -OBSERVAR
-PENSAR -FACER -ACTUAR
-PROCESAR -VALORAR -DECIDIR -APLICAR
-INDAGAR -COMPARAR - REFLEXIONAR
A
través do emprego da ROBÓTICA a atención á diversidade de intereses,
motivacións, capacidades, estilos e ritmos de aprendizaxe,...é unha
realidade nas secuencias didácticas e favorece o desenvolvemento de
procesos cognitivos diversos.
Amáis o
alumnado debe favorece o desenvolvemento da toma de decisións, o
traballo en equipo, capacidade de espera, de atención sostida,...
A
profesora de PT, MÓNICA CASTRO, no OBRADOIRO DA BIBLIOTECA realizou cos nenos e nenas
laberintos con serpes e escaleiras onde o alumnado deberá achegarse á
nosa mascota FINKY valendose da sescaleiras pero nunca pasando polas
serpes.
Tamén cada neno-nena debía compoñer o seu nome "pescando" os fonemas a través dos códigos introducidos no ESCORNABOT.
Comentarios
Publicar un comentario