Quen Pode Vencer ó Vento



Hoxe, ás 16:30h. tivemos unha nova sesión de Obradoiros Familiares na Biblioteca. Un contaconto moi especial: "QUEN PODE VENCER O VENTO" en Lingua de Signos, coa profesora Iria Márquez Covelo. Ao mesmo tempo, os participantes escoitaban o conto en audio realizado polo alumnado da aula de Caldelas. As mestras de Caldelas, Nuria e Ana, empregaron títeres para a representación.

Comentarios